#Claves de la semana

​Un puñado de reaccións ao nomeamento e renuncia de Soria

Pese á renuncia, varios grupos políticos esixen que De Guindos compareza igualmente ante a cámara para explicar o nomeamento do exministro para un cargo no Banco Mundial polo cal percibiría un soldo de máis de 200.000 euros ao ano.


|

Deguindossoria


Tras o anuncio onte de Soria de renunciar á súa candidatura para director executivo do Banco Mundial, as reaccións dos diferentes grupos políticos, tanto en Galicia coma no resto do Estado, non se fixeron esperar.


Na súa carta de renuncia, o exministro, que presentara a súa dimisión en abril pola aparición do seu nome nos chamados ‘Papeles de Panamá’, deixaba claro que non fora nin acusado nin investigado por ningún delito, e que renunciaba “voluntariamente” ao cargo ante a polémica ao redor do seu nomeamento e a utilización “desproporcionada” deste asunto no debate político e mediático. Ademais, afirmaba que non quería “perxudicar” ao goberno en función e ao partido popular no contexto do bloqueo político e, presuntamente, ante a posibilidade dunhas terceiras eleccións en decembro.


En Galicia, Feijóo aplaudía onte a renuncia dicindo que “era intelixente”, un paso que o “honraba” e que ademais daba por resolta a polémica do seu nomeamento. O presidente do PPdeG xa se amosara crítico coa candidatura do exministro dicindo que “era difícil de entender para moita xente”. Ao mesmo tempo Feijóo mostrábase “comprensivo” con Soria, dicindo que o exmandatario estaba tentando “refacer a súa carreira administrativa volvendo ao corpo co cal conseguíu unha praza por oposición”.


Non tan comprensivo se mostraba Luis Villares (En Marea) que atribuía á “presión pública e popular” a renuncia de Soria á candidatura do Banco Mundial e incidía na existencia de “políticos tóxicos con políticas tóxicas” e de “portas xiratorias”. Afirmaba así mesmo que “afortunadamente a presión pública acabou co nomeamento” e animaba á xente a “seguir denunciando” este tipo de situación.


A nivel Estado, PSOE e Podemos mantiñan que De Guindos deberá explicar no Pleno do Congreso o nomeamento de Soria pese á súa renuncia. Para os socialistas, a decisión de Soria “non elude a responsabilidade de quen o nomeou, De Guindos e Rajoy”, nin tampouco “as mentiras escondidas no nomeamento”, segundo explicou ante os medios Meritxell Batet, portavoz adxunta do grupo socialista no Congreso.


Quen non se mostraron proclives a facer ningunha declaración ao respecto foron Rajoy e Soraya Sáenz de Santamaría. Preguntado polo polémico nomeamento na presentación do aspirante a lehendakari, Alfonso Alonso, o presidente en funcións limitouse a dicir o seguinte: "O asunto quedou resolto onte. Non teño máis que dicir así que non vou dicir nada", sinalou.


TWITTER


A través de Twitter tamén manifestaban as súas opinión os líderes políticos a nivel individual. O líder do PSOE, Pedro Sánchez, engadía que “a renuncia de Soria ao Banco Mundial puña de manifestó o inmoral da proposta e as falsidades coas que tentaron xustificala”


O secreatrio xeral de Podemos, Pablo Iglesias, expresábase de maneira semellante a través das redes sociais, onde aseguraba que o exministro non renunciaba senon que “o retiraba a cidadanía”. Ao seu xuízo, un gobernó “decente” nunca permitiría este nomeamento.



Tamén Íñigo Errejón deixaba plasmado na rede social un chío no que acusaba ao goberno de “mentir” no nomeamento de Soria e esixía a Guindos que dese explicacións.



Albert Rivera pola súa parte censuraba o nomeamento de Soria e deixaba claro que o PP “non pode seguir confundindo España co seu partido”. 


relacionada Soria renuncia al puesto de director ejecutivo del Banco Mundial
relacionada Rajoy insiste: "Soria ha optado al Banco Mundial como funcionario"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE