Rescatan desde un helicóptero un mozo que caeu por un barranco en Fene
Se xa a opereción era complicada, ás condicións do terreo sumouse unha tormenta eléctrica que obrigou o Pesca 2 a abandonar a zona por momentos.
Un mozo foi rescatado a última hora da tarde do martes ferido nunha perna despois de precipitarse por un barranco en Fene (A Coruña), na contorna da fervenza do río Belle.
Un particular deu o aviso ao 112 ás 18,00 horas e indicou que os feitos ocorreran mentres facían unha ruta de sendeirismo. En concreto, o mozo caeu por un fondo desnivel, o que imposibilitou que o rescate se practicase por terra.
Ante esta situación, o 112 puxo en marcha un amplo operativo, con alerta ao servizo de gardacostas e a Salvamento Marítimo, que enviou ao mencionado helicóptero. Tamén acudiron ao lugar bombeiros de Ferrol, Protección Civil e Policía Local.
O accidente tamén se puxo en coñecemento de Urxencias Sanitarias e os seus efectivos enviaron á zona unha ambulancia. O home acabou sendo rescatado polo 'Pesca 2' nunha operación que se viu dificultada polas condicións do terreo e as adversidades meteorolóxicas.
De feito, a aeronave mesmo tivo que abandonar a zona por momentos ante unha intensa tormenta eléctrica, segundo informa o 112. O mozo foi finalmente evacuado ata o aeroporto de Alvedro, na Coruña, e desde aí foi trasladado en ambulancia ata un centro sanitario.
Escribe tu comentario