Filipe VI comunicará a Ana Pastor se convoca unha nova rolda de contactos
A presidenta do Congreso trasladará ao monarca o resultado da investidura frustrada de Rajoy.
O rei Filipe VI e Ana Pastor reúnense este luns no Palacio da Zarzuela. A presidenta do Congreso comunicaralle a investidura frustrada de Rajoy e o Rei, pola súa banda, deberá decidir se convoca unha nova rolda de contactos cos líderes políticos para acabar designando un novo candidato a formar goberno.
Mariano Rajoy foi o segundo candidato rexeitado pola Cámara no últimos seis meses e todo parece encamiñarse a unhas terceiras eleccións.
Mentres tanto, a dirección dos populares reafirma sen fisuras a Rajoy como o seu candidato e é partidaria de manter vixente o acordo asinado con Ciudadanos e Coalición Canaria. Unha maneira de seguir tentando conformar goberno cunha base de 170 deputados.
O presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, non renunciará a tentar volver ser investido. Díxoo nunha conversación informal con xornalistas no avión que o levaba cara ao cume do G-20, en Hangzhou, en China.
Rajoy explicou que volverá poñerse en contacto co líder socialista, Pedro Sánchez tras as eleccións vascas e galegas do 25 de setembro porque cre que a colaboración co PSOE é a única opción.
Escribe tu comentario