# Claves de la semana

Denegan o servizo de ambulancia a unha paciente das Nogais que "non pode estar sentada"

O Sergas indicou que a prescrición de transporte sanitario non urxente depende do "criterio do facultativo, e que lle foi denegado por "non estar encamada nin en cadeira de rodas".


Ambunovaambulancia


Unha muller de 75 anos do municipio das Nogais (Lugo), que padece a enfermidade de paget extramamario, non dispón de servizo de ambulancia para os seus desprazamentos a Ferrol, onde recibe tratamento, a pesar de que non pode estar sentada máis de cinco minutos.


Así o asegurou a súa filla, Teresa Rodríguez, que hai unha semana alertou que a sanidade pública galega lle denegara o transporte sanitario por non estar encamada nin en cadeira de rodas.


O Sergas alega que non conta co servizo de ambulancia en base á decisión da médico de familia que atendeu á paciente, pero a súa filla acudiu á Inspección Sanitaria e á Valedora do Pobo para que a decisión sexa reconsiderada.


A muller recibiu tratamento oncolóxico na Coruña. Para estes desprazamentos si contou co servizo de ambulancia, pero unha vez tivo que iniciar un tratamento con osíxeno hiperbárico en Ferrol, a decisión sobre o transporte recaeu sobre o médico de familia.


CUALIFICAN A SITUACIÓN DE "DRAMA"


Teresa Rodríguez relatou que o médico de familia elaborou o expediente de solicitude de ambulancia o día antes de irse de vacacións. Con todo, o día que arrincaba o tratamento avisaron á familia desde o servizo de transporte de Becerreá de que non aparecía na lista de pacientes a recoller.


A familia acudiu de novo ao centro de saúde, onde foron atendidos pola médica substituta que non considerou que a paciente necesitase ambulancia. A piques de que a súa nai finalice o tratamento, Rodríguez esixiu á Inspección Sanitaria que visite As Nogais para comprobar que a súa nai non pode estar sentada, o que cualificou de "drama".



O Sergas pola súa parte alega que a prescrición de transporte "é criterio do facultativo",  e indica que a prescrición de transporte sanitario non urxente lle foi denegado por "non estar encamada nin en cadeira de rodas" a pesar de que a súa familia asegura que "non pode estar sentada máis de cinco minutos".


Segundo indicaron fuentas do Sergas a Europa Press, estas prescricións realízanse "sempre atendendo a criterios clínicos e reevalúanse todas as veces que son precisas en función da evolución do paciente".


"Como norma xeral, a necesidade de que un paciente deba de trasladarse en transporte sanitario non urxente ou poida desprazarse noutros medios, é un criterio do facultativo, que é quen pode prescribir este transporte", indicaron desde o Sergas.



relacionada Carta dunha enferma de cancro ao Sergas
relacionada En lista de espera para operarse no Sergas dende maio de 2015
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE