#Claves de la semana

​Permanecen hospitalizadas dúas persoas por intoxicación alimentaria nun mesón de Narón

Os primeiros ingresos producíronse o 15 de agosto, sendo unha das afectadas unha traballadora do servizo de Urxencias do Hospital Arquitecto Marcide e algúns dos seus familiares


|

Parrilladamontesol


Dúas persoas continúan ingresadas no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol como consecuencia dunha intoxicación alimenticia sufrida o pasado 14 de agosto nun establecemento hostaleiro da localidade coruñesa de Narón.


Segundo trasladaron fontes da Consellería de Sanidade a Europa Press, nas últimas horas --entre a tarde deste xoves e o mediodía deste venres-- procedeuse a dar de alta a dúas dos catro ingresados, "non descartándose mesmo que ao longo desta tarde de venres se poida dar a alta aos dous únicos pacientes que quedan hospitalizados".


CONTAMINACIÓN CRUZADA


Os inspectores de Saúde Pública determinaran, aos poucos días de desatarse este brote, tras varias analíticas e despois de acudir ao establecemento hostaleiro para recoller diversas mostras, que a causa desta intoxicación debeuse ao que eles denominan "contaminación cruzada", supostamente motivada por "un manipulador portador e por malas prácticas hixiénicas".


Iso, segundo alegaron, derivou na intoxicación de boa parte dos clientes e mesmo algúns dos familiares do propietario, como foi o caso de dous fillos e unha neta menor de idade.


Os primeiros ingresos producíronse o 15 de agosto, sendo unha das afectadas unha traballadora do servizo de Urxencias do Hospital Arquitecto Marcide e algúns dos seus familiares. Isto motivou a apertura das primeiras pescudas ante a posibilidade de que se tratase dun caso de intoxicación alimenticia.


Ademais, como consecuencia deste resultado, por parte de Saúde Pública decidiuse decretar a suspensión da actividade do local de hostalería afectado.



relacionada ​Clausuran un bar de Narón tras mandar a 15 personas al hospital
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE