O actor galego Will Shephard, vítima da discriminación racial na Feira de Málaga
Will Shephard, de orixe dominicana, asegura que os porteiros dunha caseta non o deixaron pasar a el e a varios achegados por ser latinos
Imaxe do actor e un amigo coas follas de reclamación // Twitter @Will_Shephard1
O actor galego de orixe dominicano Will Shephard, da serie Mar de Plástico, denunciou que os porteiros dunha caseta da Feira de Málaga non o deixaron pasar a el e a varios achegados por ser latinos, e confiou en que a denuncia desta discriminación racial sirva para concienciar a sociedade.
Shephard relatou que o incidente ocorreu o pasado sábado na caseta Maná, na que estaba a facer cola para entrar xunto coa súa irmá e unha amiga asiática e outros dous achegados de orixe latina.
Cando lles tocou entrar á caseta, un porteiro díxolles que non podían pasar porque non tiñan selo, o que segundo o actor "era unha estraña escusa porque os demais entraban sen problema".
Cando outro porteiro se decatou de que se trataba do actor, accedeu a deixalo pasar. Tras o incidente, o encargado tratou de desculparse pero Will e os seus amigos solicitaron a folla de reclamacións e avisaron á Policía Nacional, o que derivou noutras quince reclamacións, todas elas “casualmente” de persoas negras ou con trazos latinoamericanos, segundo explicou o actor.
O actor aclara que o que ocorreu nunha caseta de Málaga púidolle ocorrer en calquera local de calquera lugar, e de feito el deixou de saír polas noites porque "pola noite discrimínase moitísimo, tanto por racismo como por machismo".
Escribe tu comentario