# Claves de la semana

Todos os galegos podemos colaborar na xestión das paisaxes

Unha aplicación para móbiles e para a web almacenará fotos para identificar áreas de interese e fomentar o coidado dos espazos naturais.

Paisaxegalicia


O Instituto de Estudos do Territorio lanzou unha aplicación web e móbil que terá entre os seus obxectivos axudar na xestión das paisaxes de Galicia a través da valoración e achega de imaxes dos cidadáns á plataforma, así como permitir a comparación do mesmo espazo en diferentes datas.


A directora xeral do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, explicou este venres que a aplicación permitirá "acceder, visualizar e participar" nos espazos naturais de Galicia desde calquera computador e dispositivo móbil, o que axudará a crear un repositorio de información "de gran utilidade para a xestión da paisaxe galega".


A iniciativa propón que sexan os propios cidadáns os que envíen fotografías das paisaxes galegas, xeoreferenciadas e co valor do espazo. Desta forma, a páxina principal mostrará un mapa que indica a cantidade de imaxes existentes nas diferentes partes da comunidade.


Polo momento, a web www.mapas.xunta.gal está composta por case 500 imaxes xa empregadas no catálogo de paisaxes de Galicia e que mesturan fotografías actuais e históricas para realizar unha comparativa que permita identificar as transformacións da paisaxe nun mesmo ámbito xeográfico.


FORMAS DE PARTICIPAR


Inés Santé puntualizou que as imaxes se poden enviar tras encher un formulario web no que se debe especificar o título da fotografía, o nome do autor, a localización xeográfica, unha pequena descrición, a data e a valoración do espazo.


Así mesmo, segundo aclarou, este último factor poderá determinar se a fotografía revela un interese natural, ecolóxico, patrimonial, cultural ou produtivo. Unha vez enchidos estes complementos, xerarase un arquivo PDF que se debe enviar coa imaxe no formato sinalado na páxina por correo electrónico a paisaxesdegalicia@xunta.com.


Con este proxecto completarase a ferramenta tamén deseñada polo Instituto de Estudos do Territorio co fin de comparar mapas de diferentes datas dun mesmo lugar para ver os cambios do espazo mediante diferentes métodos de visualización.


REVISIÓN DAS IMAXES


Aínda que non existe ningún tipo de límite no número de imaxes que cada cidadán pode achegar á aplicación, as fotografías pasarán por un proceso de supervisión no que se revisará que sexan "apropiadas" e que cumpren cos requisitos esixidos, segundo indicou a directora xeral.


Por outra banda, Santé tamén asegurou que esta participación permitirá identificar as áreas de principal interese para fomentar o coidado daqueles espazos que o necesiten e caracterizar os contidos das paisaxes das diferentes zonas de Galicia.

relacionada Cíes y Ons pondrán en valor su cielo nocturno
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE