#Claves de la semana

​"Podemos Galicia debe ser o motor de calquera confluencia"

Representantes das bases da formación defenden presentarse en solitario ás autonómicas, porque a 'marea constituínte' "sataniza os partidos políticos" cando "o seu fin último é formar un partido".


|

Criticospodemoshoriz

Carlos Armada, Eusebio Ónega y Xosé Zapata.


Un grupo de críticos co Consello Cidadán autonómico de Podemos Galicia presentou este martes dous manifestos en contra de participar na asemblea da 'marea constituínte' promovida polos alcaldes e que se celebra este sábado. A postura que defenden estes textos pasa por presentarse ás autonómicas en solitario, á marxe da confluencia, e así o defenderán este venres na asemblea presencial convocada por Carmen Santos.


"Podemos foi xeneroso nas anteriores" ocasións á hora de formar as coalicións electorais, pero consideran que "chegou o memento de dicir basta", porque entenden que as mareas non cumpren as "garantías democráticas e de participación" da formación morada. A corrente interna Xuntos Podemos e unha decena de representantes municipais defenden que a organización que saia desa asemblea "intenta ser o que Podemos xa é, pero mal feito e sen tempo".


Critican tamén que se entenda a "exlcusión dos partidos como unha virtude do proceso", pois consideran que o sistema partidista é básico para o funcionamento da democracia.


Con todo, tamén teñen matices nos seus posicionamentos. Por unha banda, o manifesto presentado pola decena de representantes locais e Xuntos Podemos defenden a posibilidade dunha confluencia encabezada polos representantes xa elixidos: Xosé Manuel Beiras (Anova), Yolanda Díaz (Esquerda Unida) e Carmen Santos (Podemos Galicia), pero "un sector non menor" de Podemos Galicia, representado polo secretario municipal en funcións de Ames, Eusebio Ónega, aposta por ir "en solitario" e "sacar de encima" os nacionalistas.


CANDIDATO


Con respecto ao ruxe-ruxe sobre o posible candidato, advirten de que "non admitiremos a Luis Villares como candidato de consenso" e critican o sistema de primarias: "por que os círculos de Podemos non poden avalar un candidato nunhas primarias?".


ASEMBLEA INTERNA DO 29


Con respecto á posición que saia respaldada da votación telemática deste venres, os críticos afirman que a van "acatar", pero alertan de que están "inscritos en Podemos xente doutras formacións" que, sospeitan, tentarán inclinar o resultado.

relacionada ​Un grupo de críticos de Podemos se posiciona contra la confluencia
relacionada ​Fernán Vello espera que Podemos se sume finalmente a la marea el sábado
relacionada ​Podemos definirá a súa postura o día 29
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE