Unións Agrarias quere atallar os accidentes de traballo no rural galego
O sindicato e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral preparan un plan de información para os traballadores do agro.
Unións Agrarias (UU.AA.) prepara, xunto co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSG), un plan de información ao rural que aspira a concienciar sobre a necesidade de aplicar "todas as normas de protección" nos labores realizados en granxas ou parcelas e, deste xeito, reducir os accidentes de traballo no sector.
Para iso, o sindicato agrario poñerá as súas oficinas a disposición do Instituto, segundo indicou Unións Agrarias nun comunicado. Nas instalacións, situaranse puntos de información sobre seguridade e habilitaranse aulas de formación para reforzar o coñecemento de técnicas e instrumentos que permiten mellorar a protección nestes traballos.
Así mesmo, o sindicato sinalou que este ano houbo diversos accidentes "sobre a seguridade e integridade" das persoas en actividades relacionadas co sector primario. En concreto, advertiu da gravidade dos accidentes relacionados con tractores e máquinas arrastradas e, no caso das ferramentas de man, do perigo de motosierras e rozadoras.
Precisamente, onte falecía no acto un veciño de 43 anos da localidade ourensá da Bola nun accidente de tractor, segundo informou a central de Urxencias Sanitarias de Galicia. Son numerosos os sinistros deste tipo que se dan cada ano en Galicia.
Escribe tu comentario