Compromiso por Galicia sitúa o foco do Brexit nos galegos emigrados
Bascuas reclama á Xunta unha campaña dirixida concretamente ao colectivo e a defender o mantemento dos seus dereitos actuais.
Compromiso por Galicia reclamou á Xunta este xoves que defenda os intereses dos galegos que residen no Reino Unido tras o éxito do Brexit o pasado 23 de xuño.
Segundo recolle o partido nun comunicado, o secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta do partido, Xoán Bascuas, asegurou que o goberno galego non pode "estar pasivo" e ten que informar a "moitas persoas que están pendentes" do que pode pasar.
Así mesmo, propuxo que a Secretaría Xeral de Emigración prepare unha campaña para informar desta nova situación, e que fagan valer a súa voz e o interese polas negociacións que levan a cabo en Bruxelas.
Doutra banda, reivindicou que se manteñan os dereitos de residencia, laborais, sociais, educativos e de cobertura sanitaria dos residentes no país.
Escribe tu comentario