Denuncian "un novo colapso" das urxencias do CHUS
Mentres 14 cubículos permanecían pechados
Esta mércores produciuse un "novo colapso" nas urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), segundo vén de denunciar a Asociación de Pacientes e usuarios deste centro sanitario.
Aserguan que en torno ás cinco da tarde do mércores había 18 pacientes agardando pendentes de ingreso e 6 persoas en cadeiras de rodas ocupando as zonas de paso do servizo, mentres 14 cubículos permanecían pechados.
Maniféstanse alarmados ante un "desprezo" polos pacientes que resulta "intolerable", e que consideran unha clara consecuencia da "política de peche de camas" da xerencia e do "peche dos cubículos" do persoal supervisor.
Acusan á xerencia do hospital de seguir incorrendo nunha xestión "irregular e deficitaria do servizo", contravindo as recomendacións do Consello de Contas e dos Valedores do Pobo, convertíndose en "responsables directos da situación de colapso, xa que de forma premeditada racionan os recursos dispoñibles con grave menoscabo da situación dos pacientes e das condicións laborais do persoal sanitario".
Escribe tu comentario