#Claves de la semana

​Cuestionan as solucións do CHUS para os retrasos nas citas de pacientes oncolóxicos

SOS Sanidade pública segue reclamando que se aumente o número de especialistas, mentres unha asociación de pacientes denuncia casos concretos 


|


Os retrasos nas citas de pacientes oncolóxicos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago foron noticia a comezos deste mes de maio, cando SOS Sanidade Pública Compostela denunciou demoras de ata once meses que dende a xerencia atribuiron a unha "reprogramación automática" que segundo indicaron foi subsanada "en canto se detectou"


A xerencia habilitou consultas de tarde para as persoas afectadas, pero dende a plataforma queren saber se se trata dunha medida temporal ou se pola contra "ten pensado incrementar o cadro de persoal facultativo en oncoloxía para dar resposta aos preto de 1.000 doentes que se incorporan cada ano".


Temen que as revisións dos pacientes que levan anos libres de enfermidade poidan ser trasladadas á atención primaria, e aínda que non dubidan "da alta capacidade de primaria para atender esta e outras patoloxías", sospeitan que o trasvase podería sobrecargar máis un servizo no que segundo denuncian xa é a día de hoxe máis difícil prestar unha atención de calidade debido "ao desmantelamento" por parte do goberno, ao que acusan de "diminuír os recursos humanos, coa amortización de prazas, incremento do número de tarxetas sanitarias, contratos a media xornada para cubrir xornadas completas ou simplemente a non cobertura de ausencias de titulares en vacacións".


Por iso seguen esixindo " a dotación dun cadro de persoal facultativo nos servizos de oncoloxía acorde coas necesidades e que a consellaría de sanidade e a xerencia de Compostela sitúe nos niveis de calidade que lle corresponde a atención primaria antes de adoptar ningunha medida que veña a agravar a situación dos doentes".


MARÍA JOSÉ ÍNSUA SEGUE ESPERANDO


Paralelamente, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS segue denunciando o caso de María José Ínsua, unha paciente que terá que esperar ata finais outubro para saber se padece metástase do seu cancro na columna vertebral.


Tras cinco meses agardando por unha resonancia de carácter preferente, o mesmo día que se fixo pública a denuncia, recollida por Galiciapress, o hospital púxose en contacto con ela e realizoulla nesa mesma tarde. Pero cando se dirixiu a cita previa para pedir data para ver os resultados, comprobou que esta fora fixada para o 28 de outubro.


Dende a asociación de pacientes entenden que se acelerou a realización da resonancia "para calar a denuncia, pero, como o problema de fondo persiste, deberá agardar cinco meses para coñecer se padece metástase na columna ou non, e tamén para que os especialistas lle indiquen o tratamento que debe seguir".


Denuncian a actuación "errática e ilóxica" do centro que trata "de poñer un parche na situación porque non se aborda o fondo do problema" e adianta que a paciente presentará unha nova reclamación ante a xerencia esixindo que se manteña o carácter preferente para a consulta do resultado da proba. 

Última hora

1 Comentarios

1

Menuda vergoña de politicos

escrito por David 17/may/16    22:01

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE