#Claves de la semana

​Acusan á administración do estado na Coruña de facer “mercadeo” cos traballadores en paro

CCOO asegura que se lle está dando ás empresas de traballo temporal 400 euros por cada parado, “obteña ou non emprego”.


|


Delegados sindicais da administración xeral do estado na provincia da Courña denunciaron o “mercadeo” previsto cos traballadores en paro, que segundo eles conta coa “complicidade” das axencias de colocación, na súa maioría ETT e empresas privadas de formación.


O delegado de CCOO, Fernando Varela, asegura que se lle está dando ás empresas de traballo temporal 400 euros por cada parado, “obteña ou non emprego”. Sostén que esta cifra pode ir incrementándose “dende os 300 ata os 3.000 euros” coa excusa de “acción de inserción” nas que calquera contrato laboral en prácticas, formación, aprendizaxe e indefinidos serían computados.


Varela considera esta decisión como “o inicio da privatización no servizo público de emprego”. Denuncia que un déficit de persoal neste servizo, observando unha tendencia a “debilitar un servizo público para xustificar como noutros casos a externalización, tal e como pasou na Tesourería Xeral de Seguridade Social e na propia administración”. 


Criticando esta tendencia, os sindicalistas concentráronse este xoves en Ferrol ante as dúas oficinas de emprego, realizando un reparto de dípticos. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE