O sol encárgase do xantar deste xoves na UDC
Adega e o CIPF Someso organizan unha comida solar, que utilizará a enerxía do sol para quentar os alimentos
Pretenden xuntar un grupo de persoas para cociñar coa enerxía do sol, aproveitando para divulgar e fomentar as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá.
O ano pasado conseguiron reunir 50 cociñas e 35 recetas diferentes, para este ano márcanse como obxectivo dobrar ese número, prometendo ademais algunhas sorpresas.
Animan á xente a sumarse, dando indicacións para construir fornos solares, que se poden preparar nunhas tres horas cun custo aproximado de entre 3 e 5 euros.
Todo para traballar en prol dunha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia no consumo, un cambio de comportamento encamiñado a mitigar o cambio climático.
O evento comezará en torno ás dez da mañá no aparcamento do edificio Xoana Capdevielle. Haberá unha visita á cuberta CITIC e un xantar colectivo previsto para as dúas.
Ademais, durante toda a xornada poderan observarse a exposición de aparellos solares achegados polo CIFP Someso e Adega.
Por suposto, para poder celebrar o encontro solar é imprescincible que o sol se deixe ver. En función da previsión metereolóxico, o encontro podería quedar aprazado, aínda que segundo informa meteogalicia as perspectivas son bastante boas.
Escribe tu comentario