A selección galega volve sete anos despois
Míchel Salgado e Fran dirixirán o conxunto galego nun partido contra Venezuela
(foto:moiceleste.com)
Sete anos despois do seu último partido, a selección galega volverá a xogar o vindeiro 20 de maio no estadio de Riazor, nun encontro contra a selección de Venezuela.
A Federación Galega de Fútbol vén de anunciar que Míchel Salgado e Fran, históricos do Celta e do Deportivo, se encargarán de seleccionar e dirixir aos xogadores que disputarán este encontro.
Tamén xustificaron a elección do estadio de Riazor para albergar o partido, xa que para finais de maio Balaidos terá en obras a súa grada de Tribuna.
Escribe tu comentario