O exsenador do PP Evaristo Nogueira liderará aos avogados galegos
"Será para min un orgullo e unha responsabilidade defender os intereses dos avogados galegos e da cidadanía en xeral a través dos nosos clientes", asegurou durante a súa toma de posesión.
Evaristo Nogueira, decado do Colexio de avogados de Santiago e exsenador do partido popular, converteuse este luns no novo presidente do Consello da Avogacía Galega.
"Será para min un orgullo e unha responsabilidade defender os intereses dos avogados galegos e da cidadanía en xeral a través dos nosos clientes", asegurou durante a súa toma de posesión.
Nogueira comprometeuse a que a dende a entidade estarán "moi atentos ás novidades lexislativas que afectan ao sector e ás primeiros pasos do novo goberno que se forme en Madrid".
Entre as competencias máis destacadas do Consello dá Avogacía Galega están a coordinación da acción conxunta dos sete colexios de avogados galegos e as relacións do organismo coas diferentes administracións, tanto local como autonómica.
Escribe tu comentario