#Claves de la semana

Os socialistas pedirán o "rescate" do Cunqueiro

Unénse a unha reclamación que xa realizaron durante o pasado mes de febreiro dende Alternativa Galega de Esquerda




|



O PSdeG pedirá no parlamento galego o "rescate" da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro para a xestión pública. Así o adiantou esta mañá o secretario xeral dos socialistas, José Ramón González Besteiro, que considera que "é posible coa vontade decidida de todos aqueles que queiran ter un servicio de sanidade distinto ao privatizador". 


Besteiro está convencido de que existen "argumentos xurídicos" que avalan un rescate "asumible" dende o punto de vista económico, en base aos "defectos na adxudicación e ao propio funcionamento da concesión".


Acompañado do alcalde de Vigo, Abel Caballero, da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e de representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, o dirixente socialista reclamou que se aumentasen as camas do novo hospital ata as 1.450 para que teña "a poboación de referencia que sempre tivo". 


Tamén aproveitou para esixir a gratuidade inmediata do "aparcamento prohibitivo", reclamándolle á Xunta que habilite un terreo da súa propiedade con uso dotacional e capacidade para 250 prazas. Asegura que o espacio estaría preparado "simplemente tirando unha valla". 


AGE REIVINDICA O RESCATE COMO A OPCIÓN "MÁIS ECONÓMICA"


O líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, xa reclamou en febreiro o rescate do hospital de Vigo, cifrando o seu coste en 70 millóns de euros máis intereses. 


Asegura que se trata da opción máis económica, xa que acusa á Xunta de ter contraído unha "débeda en diferido" duns 1400 millóns coas concesionarias a pagar en 20 anos, hipotecándose ata o 2033 e aumentando o endebedamento a futuro do Sergas nun 80%.


Acusan ao executivo de asumir riscos financeiros que deberían estar en mans das concesionarias, nun proceso que segundo eles podería rematar sendo declarado nulo dende Europa.  


POLÍTICA A COSTA DA SAÚDE DOS VIGUESES


A Xunta de Galicia saíu ao paso das declaracións dos socialistas acusándoos de facer "política a costa da saúde dos galegos". 


O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lamentou que Caballero ou Silva "utilicen os seus cargos", lamentando a "deixadez irresponsable de funcións do alcalde de Vigo en relación co novo hospital, en referencia á súa permisividade aos coches irregularmente aparcados nas inmediacións. 


relacionada La Policía no entrará a multar en el Cunqueiro
relacionada Os médicos síntense avergoñados pola situación do HAC
relacionada Beiras reclama un rescate para o hospital de Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE