Chegan o frío e a neve
Xa está nevando nas zonas elevadas de Ourense, prevese que a cota de neve baixe ata os 400 metros
O temporal de frío e neve que marcará a fin de semana xa está en Galicia. As temperaturas atópanse en pleno descenso pola chegada dunha borrasca que achega aire polar marítimo. Xa está nevando nas zonas elevadas de Ourense, prevese que a cota de neve baixe ata os 400 metros. Xa está activada a alerta laranxa por nevadas en gran parte das provincias de Lugo e Ourense, ademais do interior de Pontevedra.
Durante a xornada do sábado espérase que se manteña a inestabilidade e a alerta laranxa, activa nas mesmas zonas. Nas zonas de montaña prevense acumulacións de neve de ata 20 centímetros.
Ademáis, outra alerta laranxa por fenómenos costeiros adversos sumarase á activada por frío e neve, achegando a inestabilidade ata todo o litoral galego.
Escribe tu comentario