Cita decisiva para a 'Cidade da Xustiza' de Vigo
A Xunta e o Concello reúnense hoxe para analizar a proposta de trasladar os xulgados no antigo Hospital Xeral
A proposta da Xunta de trasladar todos os xulgados de Vigo ao antigo edificio do hospital Xeral tivo unha aceptación bastante boa nun primeiro momento, a falta de que se concreten os detalles.
Hoxe veremos se as boas sensacións do primeiro momento se concretan. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reunirase co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda para analizar en detalle a proposta do executivo autonómico.
Polos datos que coñecemos ata agora, a Xunta encargaríase das ambiciosas reformas necesarias no edificio, adecuando o inmoble para usos xudiciais e habilitando unhas 300 prazas de aparcamento. A intención da Xunta é convocar un concurso de ideas para decidir cómo se faría esa reforma e qué espacios se utilizarán.
A utilización xudicial da torre principal do Xeral estaría confirmada, faltaría por saber qué pasaría cos anexos do antigo hospital. En principio, a Xunta conta con manter a PAC e outros servicios do Sergas no anexo II.
No caso do anexo I, as cousas non están tan claras. Dende CCOO xa reclamaron que este segundo anexo tamén debería ter un uso sanitario. Pero Alfonso Rueda non descarta utilizalo xa que pretende habilitar xulgados "para moito tempo, nun lugar emblemático". Afirma respetar a opinión dos sindicatos, preo cree que outra moita xente lles pide que "usemos esas instalacións se son necesarias".
Escribe tu comentario