Bruce Springsteen volve a España
Anuncia tres concertos programados para Maio dentro da súa xira mundial The River.
Bruce Springsteen volve a España con The Street Band, anuncia tres concertos programados para Maio dentro da súa xira mundial The River.
En concreto, The Boss visitará 3 estadios de fútbol que de seguro se encherán ata os topes. O 14 de Maio comezará no Camp Nou, en Barcelona, seguirá o 17 de Maio en San Sebastián e rematará o 21 de Maio no Santiago Bernabeu de Madrid.
Esta última data pon fin ao debate sobre se a final de Copa do rei se xogará no Bernabeu. Non vai ser posible, xa que ese día o estadio estará reservado para unha das maiores lendas vivas da música do s. XX.
As entradas poranse á venda a través de doctormusic.com, ticketmaster.es, fnac.es, carrefour.es e halconviajes.com. As entradas de asento reservado en grada custarán entre 65 e 115 euros, as de pista sairán a 80 euros.
Poderanse adquirir o 1 de marzo para Barcelona, o 4 de marzo para San Sebastián e o 8 para Madrid. En todos os casos, a venda activarase ás 10 da mañá.
Escribe tu comentario