O PP evita que se retiren as axudas para medios con anuncios de prostitución
AGE solicitou formalmente a retirada das subvencións para medios que "de forma indirecta se lucran coa explotación das mulleres", pero o PP rexeitou a proposta apostando pola autorregulación
Os votos do PP vetaron unha iniciativa da AGE que pretendía suspender as axudas públicas para os medios de comunicación galegos que inclúen anuncios de contactos ou ofertas de prostitución.
A Xunta carece de competencia para prohibir directamente este tipo de anuncios, é algo que depende do Goberno Central. Por iso dende AGE plantexaron que se lle retirasen as axudas públicas como medida de presión cara aqueles medios que decidan manter os anuncios de prostitución. Paralelamente, pedían elevar unha petición ao Goberno Central para que modificase a Lei Xeral de Publicidade, prohibindo totalmente este tipo de anuncios.
Esa sería para Eva Solla, deputada de AGE, a forma de rematar coa "hipocresía" que supón decir por unha banda que é preciso loitar contra a trata de persoas e a violencia de xénero, mentres se conceden subvencións a medios que "de forma indirecta se lucran coa explotación das mulleres"
O BNG e o PSdeG sumáronse á petición de AGE, pero dende o PP vetaron a proposta apostando pola autorregulación. A súa voceira, Marta Rodríguez, asegurou estar de acordo "absolutamente" con moitas das cuestións plantexadas pola oposición e compartir o "obxectivo común" de rematar con este tipo de anuncios, pero apostou por vías indirectas que non pasan pola eliminación das axudas públicas.
Como alternativa á anulación das subvencións, os populares propoñían instar á Xunta a desenvolver accións de formacións e sensibilización entre os profesionais dos medios, co obxectivo último de que estes decidisen por sí mesmos eliminar os anuncios de contactos.
Pero para a voceira de AGE a autorregulación non sirve, asegura que non podemos "partir da posición pueril de que nos imos portar moi ben" é que os medios van a retirar os anuncios. Para Solla, esta solución é como "decirlle aos homes que non peguen" en lugar de lexislar contra a violencia de xénero.
Finalmente, AGE aceptou unha enmenda do PSOE que suavizaba as súas peticións, limitándose a pedir incentivos para os medios que voluntariamente retirasen os anuncios, pero esta proposta tamén foi rexeitada polos populares.
Escribe tu comentario