#Claves de la semana

Os gandeiros manterán un duro boicot contra Lactalis

Intentarán que os supermercados retiren os productos de Lactalis das súas tendas, pero tamén se desprazarán para facer unha labor de "concienciación entre os consumidores".


|



A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ultima o calendario dun "duro boicot" contra o grupo Lactalis, propietario de marcas como Président ou Gran Capitán, que en principio dará comezo este mesmo mércores nos puntos de venda. 


A primeira opción dos gandeiros será buscar a complicidade das distribuidoras, intentando que sexan os propios supermercados os que retiren os productos de Lactalis das súas tendas. 


Pero por suposto tamén contan con desprazarse persoalmente ata os supermercados para facer unha labor de "concienciación entre os consumidores".


Toda esta operación pretende presionar ao grupo para que traslade inmediatamente a suba de 2 céntimos por litro acordada coas distribuidores. Según Unións Agrarias, os voceiros de Lactalis recoñeceron que "teñen o diñeiro" para facer efectiva a subida. 


Por iso consideran "inaceptable" a postura da empresa, recordando que Leite aceptou subir o prezo  e aínda están pendentes conversacións con "Reny Picot e Peñasanta" para determinar como teñen pensado aplicar a subida.


BLOQUEO DA FÁBRICA


Esta campaña de boicot súmase ao bloqueo que 600 gandeiros mantiveron o pasado venres fronte  á planta de Lactalis en Vilalba (Lugo), onde acenderon unhas fogatas coa queima de pneumáticos e pacas de pallas, en sinal de protesta.


Óscar Pouse, de Unións Agrarias e un dos portavoces da plataforma en defensa do sector lácteo explicou que esta protesta se realizou para "deixar claro" a Lactaclis que as súas reivindicacións "van en serio" e que non pararán ata que haxa unha subida "inmediata" no que esta industria transformadora paga aos produtores.


"Lactalis ten diñeiro nas súas contas que é noso", recriminou Óscar Pouse, quen asegura que os gandeiros puideron comprobar coa distribución que xa reintegraron a esta multinacional unha subida polo prezo do leite, que con todo non chegou a gandeiros aos que compra o leite.

relacionada Uns 600 gandeiros bloquean a entrada a planta de Lactalis en Vilalba
relacionada Lactalis comprométese cos gandeiros ante as ameazas de boicot
relacionada Os gandeiros chaman a boicotear Lactalis
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE