#Claves de la semana

O Camiño e o entroido, protagonistas en Fitur

O Camiño de Santiago e o entroido foron protagonistas no Día de Galicia da Feira Internacional de Turismo, na que tamén se declarou a Arribada de Baiona "Festa de Interese Turístico Internacional"



|


A Feira Internacional de Turismo que se está a celebrar en Madrid adicou o día de hoxe a Galicia, nunha xornada na que o Camiño de Santiago e o entroido se converteron en protagonistas. O primeiro, pola súa importancia como vía de entrada de extranxeiros e o segundo, pola súa capacidade para romper coa estacionalidade típica do turismo. 


Ano tras ano, a popularidade dos Camiños de Santiago segue medrando fóra das nosas fronteiras. Durante o ano 2015 máis da metade dos peregrinos que chegaron a Compostela eran extranxeiros, confirmando o bo estado de saúde da ruta. 


Por iso resulta fundamental seguir apostando polo Camiño, ingrediente fundamental no obxectivo que se marcou a Xunta de superar os 5 millóns de turistas durante o ano 2016. Tamén co Xacobeo 2021 en mente, para cando se prevé finalizar a restauración de enclaves tan emblemáticos como a propia Catedral de Santiago ou a reforma do Monte do Gozo. 


Pero no stand de Galicia en Fitur tamén foi protagonista o entroido galego, que xa ten comezado en lugares como Xinzo. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, destacou o seu "forte efecto desestacionalizador", que permite que os turistas se acheguen en masa fóra das datas típicas noutros puntos de España, como poden ser o verán ou a Semana Santa. 


Nava Castro recorda que Galicia conta con oito entroidos declarados como festa de interés turísticos, cunha "riqueza, vistosidade e acervo" que atraen ano tras ano " a un gran número de asistentes e participantes": 


A ARRIBADA, FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL


A festa da Arribada de Baiona, que conmemora a chegada da carabela Pinta á costa da vila para transmitir o descubrimento de América, foi declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.


Esta celebración ten a súa orixe no día 1 de marzo de 1493, cando Martín Alonso Pinzón arribou coa carabela Pinta a Baiona, dende onde enviou aos Reis Católicos a noticia do descubrimento de América. 


Actualmente, no marco desta festa realízanse publicacións, exposicións, conferencias, representacións teatrais e concertos, ademais de organizar un mercado medieval. 

relacionada Galicia quere recibir 5 millóns de turistas
relacionada Xinzo, en Ourense, arranca el ciclo más largo del carnaval con el "Domingo Fareleiro"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE