#Claves de la semana
NORMALIZACION LINGUISTICA

Alertan de que o Concello de Marín prioriza o castelán fronte ao galego

Así o denuncia o grupo municipal do BNG, que demanda a creación dun Servizo de Normalización Lingüística que promova o uso da lingua galega na vila.Desde a formación nacionalista enténdese que se menospreza o uso da toponimia oficial nos documentos oficiais e no propio rueiro.


|

O Concello de Marín utiliza numerosa documentación municipal só en castelán para realizar trámites administrativos. Así o denuncia o grupo municipal do BNG, que demanda a creación dun Servizo de Normalización Lingüística que promova o uso da lingua galega na vila.


Desde a formación nacionalista enténdese que se menospreza o uso da toponimia oficial nos documentos oficiais e no propio rueiro. Como exemplo apúntase que aparecen letreiros municipais nos que consta o nome de cálea "Cementerio Vello" ou a presenza de mapas municipais nos que se cita a "Calle Puente", "Calle de la Estrada" ou o "Camino de San Jorge", mesmo desde o BNG denuncian que nas últimas semanas nun cartaz aparecía o anagrama do Concello de Marín e utilizábase a denominación "Avenida de Orense".


Sinalan que nunha ordenanza municipal obrigábase á creación dunha Comisión interdepartamental de Seguimento que se reuniría, polo menos, dúas veces ao ano pero esta ordenanza aprobada pola unanimidade da Corporación nunca chegou a cumprirse.


Por este motivo, os nacionalistas presentarán unha moción na que reclaman a creación desta Comisión e dun Servizo de Normalización Lingüística, ademais solicita que a comisión de Cultura revise a toponimia do rueiro e que sexa corrixida, ao mesmo tempo que se pide a normalización no uso administrativo da toponimia municipal, ademais de ofrecer toda a documentación para que se poidan realizar os trámites en galego.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE