ESTUDO SOBRE OCUPACIÓN
Todos os empregos creados en Galicia no último ano foron temporais, segundo Adecco
Todos os empregos creados en Galicia no último ano foron temporais, segundo figura no estudo sobre ocupación realizado por Adecco.
O número de asalariados temporais aumentou en Galicia os últimos 12 meses en 30.600 persoas (+15,7%), fronte á perda de 4.300 empregos asalariados indefinidos (-0,7%).
Esta perda de postos fixos contrasta co incremento dun 1,6% a nivel estatal. "En cambio, a alza dos empregos temporais na autonomía galega foi maior que o incremento do 10,1% rexistrado no conxunto español", remarca Adecco.
Galicia é unha das sete autonomías onde o número de asalariados indefinidos diminuíu, mentres a media de España crece un 1,6%.
Ao mesmo tempo, entre as 16 autonomías que ampliaron os seus continxentes de asalariados temporais (todas menos Aragón), Galicia é a terceira que máis o incrementou.
Os 821.300 asalariados que hai en Galicia na actualidade son 595.600 con contratos indefinidos e 225.800 con contratación temporal. É dicir, un 27,5% dos asalariados son temporais, case 3 puntos máis que fai un ano, así como 1,3 puntos máis que a media española.
Así mesmo, Galicia é a terceira autonomía con menor concentración do emprego, xa que o 65% se reparte entre tres ramas, segundo informa Adecco neste estudio.
Escribe tu comentario