O Inorde aposta por incrementar a oferta do turismo ferroviario na provincia de Ourense
As Xornadas ao redor do proxecto "Estaciones Vivas" destacaron o papel do patrimonio cultural na revalorización do territorio.
Converter o patrimonio ferroviario de Galicia nun recurso turístico que axude a xerar emprego e facilite a desestacionalización do sector e ofreza novos destinos para un público cada vez máis interesado en alternativas de calidade foi unha das conclusións coas que se pecharon as Xornadas Ferroviarias que o Inorde organizou na estación de Baños de Molgas, entorno á proposta do patrimonio ferroviario como tractor de produtos turísticos culturais.
Xose Manuel Rodriguez(i) Xerente do Inorde e Julio Álvarez Rodríguez(d), vicepresidente da Asociación Europea de Ferroviarios
A sesión do venres foi iniciada polo vicepresidente da Asociación Europea de Ferroviarios, Julio Álvarez Rodríguez, que puxo o acento no modelismo ferroviario. "Centro de atención de decenas de miles de afeccionados en toda Europa, este sector, ademais de ser altamente tecnolóxico xera emprego e unha disposición favorable ao redor do mundo do ferrocarril", asegurou Julio Álvarez.
Carlos Tavares(c), presidente de ASOFER, a asociación de Ourense, destacou o papel tan importante que teñen as asociacións de amigos do ferrocarril de España, aproximadamente dun centenar, na preservación do patrimonio ferroviario. "Un patrimonio cultural e industrial que, sen lugar a dúbidas pode ser logo reusado no desenvolvemento de produtos turísticos de gran alcance, como son o caso do "Tren da Fresa", o máis veterano dos trens turísticos con material ferroviario de época, os trens de luxo como o "Al Andalus", que ten a súa orixe na rehabilitación dos antigos coches Pullman tanto dos ferrocarrís Andaluces como do mítico Orient Express", explicou Carlos Tavares.
Xose Manuel Rodriguez(i) Xerente do Inorde e Francisco J. Gil(d)
A historia da gastronomía vinculada ao mundo do tren, foi o tema que abordou o xornalista Francisco J. Gil, recordando como viaxar e comer son dous verbos que se conxugan case en paralelo dende o inicio da historia do ferrocarril e o tren convértese no primeiro difusor da gastronomía local e dos produtos quilómetro cero, "un aspecto que volve a renacer en Galicia gracias á explotación dos trens turísticos", destacou Francisco Gil.
Aspecto da sala durante a ponencia de Luis José Cao López xefe da línea de Trens Turísticos de Renfe(d) e Xosé Manuel Rodriguez(i) Xerente do Inorde
E no referente aos trens turísticos, o xefe da línea de Trens Turísticos de Renfe, Luis José Cao López, destacou "a gran aceptación que estes produtos, turísticos e ferroviarios a un tempo, están a ter no público, o que se evidencia co cheo que están a ter", e engadiu, "o tren ten un papel importante, posto que os mesmos produtos, se fosen co autobús como medio de transporte fracasarían".
As Xornadas foron clausuradas, na parte expositiva, cunha mesa redonda moderada polo xornalista Antón Alonso sobre o papel que o patrimonio ferroviario xoga no desenvolvemento dos recursos turísticos e culturais do territorio. Nela participaron todos os responsables das ponencias desta xornada e da do día anterior, ademais da xerente do consorcio turístico Ribeira Sacra, Alexandra Seara Sobrino, e o xerente do departamento de protección do patrimonio da Fundación dos Ferrocarrís Españois, Miguel Jiménez.
Durante a mesa redonda fíxose un repaso ás experiencias desenvolvidas ata o momento cos trens turísticos e os proxectos "Estaciones" e "Estaciones Vivas", destacando o resultado altamente positivo que tiveron para o territorio. Ao mesmo tempo realizáronse propostas complementarias que incrementen a oferta actual e que axuden a que a súa duración no tempo se prolongue máis alá da tempada actual.
Entre o público asistente, perto dun centenar de persoas, estiveron un gran número de alumnos do Master de Turismo do Campus de Ourense.
As Xornadas comezaron o xoves coa intervención de José Paulo Dantas, en representación da Cámara Municipal de Viana do Castelo e José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde, que explicaron con detalle tanto o proxecto "Estaciones Vivas", como o seu predecesor "Estaciones", co que se logrou a rehabilitación de 6 estacións da provincia de Ourense e o funicular de Santa Luzía en Viana do Castelo.
Escribe tu comentario