Intentan vender por internet dúas bicis roubadas
Unha parella de veciños de Pontevedra, foron detidos como presuntos autores da subtracción de dúas bicicletas. Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, as denuncias polos roubos presentáronse o día 11 na Comisaría Provincial. O "modus operandi" utilizado para roubalas foi o mesmo en ambos os casos, cortar o cadeado das bicicletas estacionadas na vía pública.

Unha delas, valorada en 500 euros, que o propietario deixara na rúa Michelena desta cidade. Outro afectado interpuxo denuncia na Comisaría o mesmo día, ao parecer tras deixar a bicicleta candada no estacionamento de bicis da rúa Bastida. O propietario da bicicleta valorouna en 350 euros.
A parella de ladróns chegou a poñer á venda unha das bicis nunha web de anuncios de segunda man sendo recoñecida polo seu lexítimo propietario. Esta parella xa fora identificada anteriormente por feitos similares.
Escribe tu comentario