#Claves de la semana
DO 16 AO 19 DE XULLO ORTIGUEIRA SERA A CAPITAL MUNDIAL DO FOLK

Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel do 31 Festival de Ortigueira

O evento gratuíto contará con concertos, desfiles e actividades paralelas


|


11169849 889414201101636 3387852849044070722 n

Xosé Manuel Budiño, co seu Grupo


Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel do 31 Festival de Ortigueira, que se celebrará do 16 ao 19 de xullo neste municipio coruñés que volverá converterse no centro do mundo celta.


Un ano máis, a organización prevé que miles de persoas visiten a localidade durante o catro días e tres noites de música que ofrece o festival no terceiro fin de semana de xullo. A carteleira desta nova edición inclúe concertos, desfiles de bandas e actividades paralelas.


"Trátase de moito máis que un festival de música e a súa influencia repercute directamente na vida e a economía de toda a comarca sendo un claro propulsor do turismo e a hostalaría, a máis diso ser un escaparate mundial de incalculable valor chegando a mover a máis de 100.000 persoas nas súas últimas edicións", resaltou o alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad.


Na presentación do festival, na Cervecería Estrela Galicia da Coruña, tamén participou a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, quen destacou a importancia desta cita musical, que "fomenta o arraigamento da nosa cultura e é un propulsor excepcional para o folk galego".


Pola súa banda, o responsable de Trade Mercadotecnia de Estrela Galicia, Manel Pérez, destacou a aposta polos "grandes músicos" de Galicia, a quen hai que pór en valor ."Imos seguir e a converter o Festival de Ortigueira no mellor festival folk do mundo", engade.


Fotonoticia 20150703164133 800


ARTISTAS 

O festival, de carácter gratuíto, contará con grandes artistas do folk internacional que compartirán escenario coas novas promesas que competirán por alzarse co galardón Runas 2015. Nesta edición, cinco serán as bandas por facerse co premio.


Nesta 31 edición do evento musical, declarado de Interese Turístico Internacional, subiranse ao escenario artistas da talla de Budiño, Cristina Pato, Sharon Shannon, Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project ou Capercillie.


Así mesmo, realizarase un desfile de Bandas de Gaitas que contará coa presenza dos franceses Bagad Beuzeg, os escoceses The Vale e a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outras.


A organización asegurou que se trata dun festival "interesante" e destacou, entre outras, o apoio de entidades como a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, Inaem, Estrela Galicia e Gadisa.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE