#Claves de la semana
A DIPUTACION DE OURENSE CELEBRA, O DIA MUNDIAL DA LIBERTAD DE PRENSA CO A ENTREGA DE UN PREMIO

Hoxe, no día da Liberdade de Prensa, entregouse na Deputación de Ourense o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo o galardoado a Antonio López

O xurado escolleuno pola gran calidade desta reportaxe histórica e o traballo de investigación do xornalista titulado "A nai de todas as vacinas", Isabel Zendal, a única muller que participou a principios do século XIX na primeira campaña mundial de vacinación.


|

Ourense, 3 de maio de 2015.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto de entrega do Premio "Xosé Aurelio Carracedo 2015" que a liberdade de expresión "é a nai de todas as liberdades", e afirmou que hoxe a institución provincial únese coa entrega deste galardón á conmemoración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, "cuxa idea fulcral é recoñecer que unha prensa libre, pluralista e independente é un compoñente esencial de toda sociedade democrática".


O premiado de este ano e o xornalista coruñés Antonio Alfredo López Mariño (Arzúa, 1951). O galardón, dotado con 3.000 euros, outórgao anualmente a Deputación de Ourense para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome ao premio, falecido en 1988, e en defensa dun periodismo de calidade. O xurado ditaminou conceder por unanimidade o premio a Antonio López polo seu traballo de investigación titulado. "La madre de todas las vacunas", publicado no suplemento dominical do xornal La Opinión, da Coruña, referido á figura histórica de Isabel Zendal, a única muller que participou na primeira campaña mundial de vacinación.


Manuel Baltar dixo que esta data "é a elixida para seguir a lembrar a Xosé Aurelio Carracedo, un exemplo de xornalista vocacional, mestre de moitos e cunha pegada imborrable na nosa historia", e lembrou a Chesterton, Pulitzer, Camus e Kaspuscinski ademais de destacar "o meu máximo recoñecemento ao labor xornalístico e a miña loubanza ao cumprimento polos profesionais das normas deontolóxicas, esas que sitúan como verbo clave o de "contrastar".


O presidente provincial sumouse ás reivindicacións que para os xornalistas ven de facer públicas a Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) coincidindo con esta data e ante a inminente campaña electoral. Neste senso afirmou: "Declárome abertamente en contra das chamadas (declaracións enlatadas) e mesmo das roldas de prensa sen preguntas, avogando por permitir o acceso libre e sen restrición algunha aos actos de campaña para que a cobertura sexa completa e libre"


Manuel Baltar tamén subliñou o feito de que este ano por primeira vez os membros do xurado do Premio Carracedo non fose nomeados polos grupos políticos senón "por entidades e organizacións representativas da profesión xornalística. Un avance sen dúbida cualitativo", e felicitou ao galardoado, Antonio López, "polo seu magnífico traballo no que reivindica a figura de Isabel Zendal Gómez, catalogando a participación de Galicia na Expedición Filantrópica como a mellor e máis trascendental achega de Galicia á historia da humanidade".



Calidade xornalística


No acto, que tivo lugar no Salón de Plenos da institución provincial, Antonio López agradeceu á Deputación de Ourense "a súa aposta polo xornalismo" e dixo que é unha honra "recibir un premio que leva o nome dun admirado xornalista no país de mestres universais da literatura, como Valle Inclán, Torrente Ballester e Alvaro Cunquiero, e do xornalismo, como Cunqueiro, Julio Camba, Wenceslao Fernández Florez e Xosé Aurelio Carracedo, onde a calidade da escrita é moito máis que segura".


Na súa opinión, "o xurado a quen está premiando é a Isabel Zendal Gómez, a descoñecida protagonista da miña reportaxe, pois ela foi unha peza esencial de maior epopeia médica que coñeceu a humanidade: a "Expedición filantrópica contra a variola", a loita contra a enfermidade infecciosa que mais mortes causou no mundo".


Antonio López subliñou a importancia que tivo a participación de Galicia nesta expedición filantrópica, "foi a mellor e máis transcendente achega galega á historia da humanidade, pois dos 22 nenos vacuníferos que saíron da Coruña, 18 eran galegos; e galego era o buque "María Pita", que levou á expedición a América; e galegos eran todos os tripulantes da embarcación e tamén Isabel Zendal".



Sobre a obra premiada o xurado valorou "a gran calidade desta reportaxe histórica, a actualidade e o interés social que ten un tema como o das vacinas". Ademais, fixo constar "o gran traballo de investigación realizado por Antonio López, a coidada presentación e a boa estrutura da reportaxe", así como "a descuberta que o autor fai dun personaxe histórico como é Isabel Zendal Gómez".


Antonio López é xornalista. Leva dende 1970 desenvolvendo o seu labor profesional, que comezou no xornal El Ideal Gallego, para pasar posteriormente á revista galega Teima, o Faro de Vigo e a Televisión de Galicia. Tamén traballou durante nove anos como profesor universitario en Irlanda e Francia, e na actualidade é colaborador do xornal La Opinión.


O xurado, por, Avelino García Ferradal, estivo integrado por Emma Torres Romay, Luis Menéndez Villalva, Xosé Ramón Pousa Estévez e Xosé Manuel Pereiro Sánchez actuando como secretario Fernando Rodríguez Ménde

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE