Los Mossos d'Esquadra han desalojado dos trenes de la estación de Sants de Barcelona y han activado los especialistas antiexplosivos TEDAX.
O que está a pasar en Barcelona con dous colexios dos Maristas é horrible e merece unha investigación a fondo. Nos colexios relixiosos ou laicos a represión que impuxo á sociedade española a ditadura de Franco deu pé a abusos inconfesables que acabaron causando un dano irreparable á docencia no seu conxunto e ás ordes relixiosas que montaron colexios de pago para xerar os recursos necesarios cos que financiar outras actividades, ben no propio país ou tamén en horizontes afastados, onde o labor misioneiro foise desenvolvendo con recoñecida heroicidade e sacrificios persoais nos que numerosos relixiosos perderon a vida por tratar de socorrer ás súas desvalidos fieis e alumnos. Traxectoria pouco coñecida na que son un exemplo os Irmáns Maristas.