O concelleiro do PP no Concello de Vigo e exvicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Chema Figueroa,
compareceu este martes ante a xuíza da Operación Patos, negando irregularidades na adxudicación do campo de fútbol de Coia, así como a recepción de agasallos.
Louzán, Figueroa, Bravo Bosch, Regades e Rivas están imputados por supostos amaños de contratos e obras públicas e, adicionalmente, a recepción de agasallos, excepto a delegada da Xunta.
A recepción de agasallos é polo que está imputado o alcalde de Vigo, e a concelleira Isaura Abelairas.