#Claves de la semana

​A néboa en Peinador obriga a desviar tres voos procedentes de Madrid a Santiago

Un dos voos tivo que voltar a Madrid e, desde a capital española, despegar de novo cara a Santiago. 


|

Peinador


A néboa no aeroporto de Peinador, en Vigo, obrigou a desviar durante este venres tres voos da compañía Air Europa procedentes de Madrid ao aeródromo de Lavacolla, en Santiago.


Así o confirmaron fontes de AENA, que explicarn que o primeiro dos voos, que tiña prevista a súa chegada á cidade olívica ás 7,55 horas, tivo que volver a Madrid debido ás malas condicións meteorolóxicas que afectaban o aeródromo vigués e, desde a capital española, despegar de novo cara a Santiago.


O segundo voo, que tiña previsto aterrar en Vigo este venres pola mañá, despegou directamente cara á capital galega debido á néboa que afectaba o aeroporto olívico.


Pola súa banda, o terceiro voo, que despegou da capital española pola tarde, tratou de aterrar en Vigo pero, ao non poder facelo debido ás malas condicións meteorolóxicas, acabou aterrando tamén en Lavacolla.

relacionada Un fallo na oficina de meteoroloxía de Peinador obriga a desviar dous voos a Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE