Unha avaría "masiva" deixa sen servizo a clientes de R durante horas
Tras identificar o problema da avaría na tarde deste venres traballa para a restauración do servizo, que será de forma
"gradual".
Unha avaría "masiva" deixou este venres sen servizo durante horas a numerosos clientes da compañía de telefonía R en diversas zonas de Galicia, nun incidencia que comezou ao redor de mediodía.
Segundo informou a propia compañía a través das súas contas oficiais en redes sociais, esta incidencia afecta a "moitos" usuarios de móbil R, e tras identificar o problema da avaría na tarde deste venres traballa para a restauración do servizo, que será de forma
"gradual".
Mentres traballan os técnicos para achegar unha solución, sinala que algúns clientes xa comezaron a recuperar o servizo, á vez que pide "desculpas" polos problemas ocasionados.
Escribe tu comentario