Amaina o temporal interno do PSdeG
Pilar Cancela declara que nos últimos días a crise no partido semella ter calmado, "como ten que ser".
A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, subliñou este xoves que, "cando as cousas transcorren con normalidade, non vale a pena comentar nada", en relación á situación interna do partido. Cancela foi preguntada polos xornalistas polo momento actual que afronta o PSdeG, nunha rolda de prensa conxunta co portavoz dos socialistas no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga.
En concreto, interrogada sobre se a crise interna acougou nos últimos días, Cancela afirmou que "como ten que ser", e reivindicou estar "a traballar día a día", como esta mesma xornada, na que se reuniron deputados do PSdeG no Parlamento de Galicia, Congreso e Senado para coordinar a estratexia política.
Así, incidiu en que a formación "está para facer propostas", como as que trasladaron na comparecencia sobre o AVE e a AP-9, e destacou que "as cuestións orgánicas non achegan nada aos intereses xerais" dos cidadáns.
Escribe tu comentario