Falece a muller apuñalada en Santiago pola súa ex parella
O home aínda non foi localizado, depois de darse á fuga o venres. A vítima estaba ingresada no Clínico.
A moza que o pasado venres foi apuñalada pola súa exparella en Santiago de Compostela faleceu en torno 15,00 horas da tarde deste domingo no Hospital Clínico da capital galega.
Alí estaba ingresada esta muller, con iniciais E.M. de 30 anos e nacionalidade romanesa, en estado moi grave desde a tarde do venres, cando foi agredida polo seu expareja, cuxa procura continúa este domingo tras darse á fuga.
A moza recibiu entre cinco e seis puñaladas no salón da súa vivenda, unha delas no abdome, polo menos tres no tórax, pola parte posterior, e unha no pescozo.
Pouco despois das 17,00 horas do venres recibiuse a alerta por un posible caso de violencia de xénero e numerosos efectivos médicos e das forzas de seguridade foron desprazados ata a rúa San Pedro de Mezonzo, no Ensanche compostelán.
Do paradoiro do agresor aínda non se sabe nada, polo que os corpos de seguridade continúan buscándoo, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.
Escribe tu comentario