CCOO insta á Xunta a incrementar o tempo de traballo dos bombeiros forestais
O sindicato pide á Xunta que reformule a súa política de prevención de incendidos e que abra unha mesa de negociación.
O sindicato CCOO pediu este martes á Xunta que "reformule" a súa política de prevención de incendios forestais e, con ese fin, chamou a abrir unha mesa de negociación.
A través dun comunicado de prensa, Comisións Obreiras lamentou que o departamento que dirixe Ángeles Vázquez "non prevexa" incrementar o tempo de traballo do persoal fixo-descontinuo para que poida facer tarefas de prevención xa desde esta época do ano.
"O traballo que se faga agora, no inverno, redundará positivamente no verán", sostivo o sindicato tras o cesamento o pasado 30 de novembro dos 626 fixos-descontinuos que traballan nove meses ao ano.
Xa o 30 de setembro, como lembrou, cesaron os 436 que unicamente desenvolven o seu labor no verán. Así é que, denunciou, o servizo de prevención de incendios forestais está actualmente con "menos da metade" dos seus efectivos: o 45,23 por cento.
Na citada mesa de negociación, CC.OO. aspira a demandar o "reforzo" do servizo co desenvolvemento do acordo encamiñado a incrementar o tempo de traballo do persoal, entre outras medidas.
Escribe tu comentario