#Claves de la semana

50 traballadores de centros sociais da Xunta ven os seus empregos 'na corda frouxa'

Os empregados cren que a inminente firma dun acordo de integración do Consorcio con Política Social podería significar a perda dos seus postos. 


|

Trabajadoressocialesxunta


Un grupo duns 50 traballadores laborais da Consellería de Política Social, área que se fai cargo das residencias de maiores e as escolas infantís de Galicia, concentrouse este mércores fronte á sede de varios sindicatos para protestar pola inminente firma dun acordo de integración do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar no departamento de José Manuel Rey Varela.


Estes empregados, que temen perder os seus postos, queixáronse de que as centrais non contaron con eles posto que "só consultaron aos traballadores do Consorcio". "O que queremos é que alguén nos dea explicacións", declarou unha das traballadoras alí convocadas.


"É moi triste que teñan que ser os traballadores quen loiten polos seus dereitos e ademais que teñan que loitar contra os sindicatos", afirmou outra das participantes na mobilización.


O colectivo comezou a concentración protestando fronte ao edificio de Comisións Obreiras (CC.OO.), seguido do da Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Unión Xeral de Traballadores (UXT).


Segundo este grupo, CC.OO. foi pouco receptiva a coñecer a súa situación. En contraste, o secretario da CIG en Santiago, Renato Núnez, convidounos a pasar ás súas instalacións para solucionar as súas dúbidas.


Membros da CIG afirmaron que "sobre o acordo non hai ningún tipo de segredo" e que "non coloca a ninguén fóra da situación actual que ten".


DECISIÓN DA XUNTA


Así mesmo, lembraron que "a integración de entes decídea a Xunta" e que desde as organizacións de traballadores o que teñen que facer é buscar "as mellores condicións para todos, para os que veñen e para os que xa están".


Neste sentido, a secretaria provincial da CIG da Coruña, Mar Peteira, declarou que o autentico problema é "o traballo en precario", posto que se están poñendo en xogo postos de traballo temporal. Peteira afirmou que "isto é resultado das políticas que hai en Galicia".


Finalmente, os traballadores laborais da Consellería de Política Social levaron as súas reivindicacións á Xunta, onde aseguran que ningún representante de Función Pública --encargada da negociación do acordo de integración-- os atendeu, polo que afirmaron que volverán concentrarse.

relacionada "O que lles preocupa é que se poida perturbar un pouco a paz social"
Última hora

1 Comentarios

1

Esta e a miña humilde opinion. Levo 8 años,desde que aprobei a oposición de PSX a Galescolas do Consorcio, agardando por un Convenio digno. 8 anos nos que cada vez teño mais traballo e o meu soldo e mais pequeno ( pq no dos recortes si se me tratou como entregada pública, si niso). Onde estaba a CUT nestes anos de loita constante con encerros no Consorcio, Asemblea, folgas e manifestacións? Non sei cantos fixos somos no Consorcio, pero so sei q moitos de nos traballamos moito por aprobar unha oposición e mellorar pouco a pouco. Todo este tempo sen antigüedade, trienios, facendo unhas funcions que nunca se especificaron.... Eu xa non estou farta, eu estou ata ....

escrito por Alicia Lorenzo 13/dic/16    13:53

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE