#Claves de la semana

​A Valedora asegura non ter "ningún tipo de animadversión" contra Santiago

Milagros Otero quítalle ferro á polémica co Concello polo problema das persoas sen teito e defende que ningunha actuación se iniciou de oficio.


|

Valedoramilagrosotero


Milagros Otero non ve "ningún probema" nas relacións da institución que preside co Concello de Santiago, despois de que o alcalde compostelán ironizase hai case tres semanas con que pensaba pedir amparo "á Valedora contra a Valedora". Martiño Noriega queixárase de que a carga de solicitudes de información por parte da institución era "reiterada e sistemática".


A Valedora do Pobo entende estas declaracións "en clave política e como unha broma", pero non atopa "malestar nin ataque" ningún contra a institución. Milagros Otero declarou esta mañá que "non hai maior presión fronte ao Concello de Santiago ca fronte a outros, ao revés, hai outros que teñen maior número de queixas". Lembrou tamén que "non estamos a facer ningunha actuación de oficio, senón trasladando unicamente o que din os cidadáns" e que o rexedor compostelán "sabe perfectamente que a Valedora non está para amparar a un alcalde, senón para amparar os cidadáns fronte aos alcaldes". De todas formas, aclarou que "non é que teña ningún tipo de animadversión contra ninguén".


SEN TEITO


Parte da polémica co goberno local compostelán vén pola situación das persoas sen teito. Milagros Otero defende que nunca dixo nin pensa "que as persoas sen teito ou sen recursos económicos teñan que ser incapacitadas", e aclara que as súas palabras se referían ao "caso desa persoa concreta que xa tivo estivo incapacitada e que habería que ver a forma de protexer a súa dignidade como persoa".


A Valedora referiuse a que "ás veces, cando as persoas teñen algún tipo de adicción ou de enfermidade, non podemos agardar que elas directamente decidan aceptar un tratamento". Tamén dixo ser consciente de que a situación de persoas sen teito é extensible ao resto das cidades, pero que á institución non chegaron queixas ao respecto.


Nesta liña, dixo que valora os pasos que se deron en Santiago, pero veos "insuficientes porque o problema persiste".

relacionada Villares esixe que a Valedora rectifique tras defender a incapacitación das persoas sen fogar
relacionada Noriega: "Ás veces estou por pedir amparo á valedora contra a valedora"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE