Os socialistas da Coruña preguntarán no pleno pola falta de limpeza en espazos públicos
O partido asegura que se fai eco das "queixas xeralizadas" da cidadanía, que "chama a atención sobre a suciedade das rúas, prazas e parques".
O Partido Socialista da Coruña preguntará no pleno municipal deste luns, día 12, pola falta de limpeza da cidade herculina e a "ausencia dun mantemento adecuado dos espazos públicos".
Deste xeito, o PSOE asegura que se fai eco das "queixas xeneralizadas" da cidadanía, que "chama a atención sobre a suciedade nas rúas, prazas e parques da Coruña".
O Grupo Municipal Socialista, deste xeito, "volve levar ao pleno un problema que xerou numerosas protestas e malestar entre os veciños e veciñas, que levan meses denunciando a falta de mantemento e atención aos espazos públicos", segundo sostén.
Doutra banda, o PSOE tamén preguntará no pleno municipal do luns polo descenso no número de visitantes aos museos científicos, así como pola programación prevista para Domus, Acuario e Casa das Ciencias.
Nesta liña, preguntará polos motivos "para non levar a cabo a Cátedra de Divulgación Científica e os pasos que se están dando para resolver esta situación para o futuro".
A terceira pregunta oral do Grupo Municipal Socialista fai referencia á celebración do Día Internacional contra a sida en relación ás medidas que desenvolveu o Concello no último ano para sensibilizar sobre esta enfermidade e cal é o grado de cumprimento da moción referida a este tema aprobada polo pleno.
Escribe tu comentario