A Seguridade Social tira 9.500 millóns de euros do peto das pensións
Tras esta disposición, que é a máis elevada realizada dunha vez desde 2012, o Fondo de Reserva alcanza os 15.915 millóns de euros.
A Tesourería Xeral da Seguridade Social vén de dispor doutros 9.500 millóns de euros do Fondo de Reserva para afrontar tanto a paga ordinaria como a extraordinaria que reciben os pensionistas en decembro, segundo informou o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O Ministerio lembra que en decembro de cada ano prodúcese unha "importante" necesidade de financiamento para afrontar estas dúas pagas.
Tras esta disposición, que é a máis elevada realizada dunha vez desde 2012, o Fondo de Reserva alcanza os 15.915 millóns de euros a 1 de decembro, o 1,48% do PIB do ano 2015, aínda que o valor de mercado é de 16.109 millóns de euros, un 1,50% do PIB.
Escribe tu comentario