31 demandas para impulsar o rural galego
A conservación da biodiversidade e a paisaxe, a industrializción ou o desenvolvemento turístico son algunhas das propostas do Foro Económico de Galicia.
O Foro Económico de Galicia propuxo 31 novas demandas para impulsar o dinamismo do rural galego, a través de medidas que comezan pola conservación da súa biodiversidade e da súa paisaxe e que chegan ata a súa industrialización e o desenvolvemento turístico.
Os autores deste documento, María Xosé Vázquez e José Manuel Andrade, advertiron de que non existe "unha proposta única" para toda Galicia, pero destacaron que a multifuncionalidade e a diferenciación son dous elementos polos que, ao seu xuízo, se debería apostar.
Ambos, ademais, apuntaron ás administracións públicas e ao labor de fomento da conservación que, na súa opinión, ten que asumir con "a máxima implicación", tamén para a atracción de capital foráneo destinado ao investimento en sectores produtivos que se asentan no medio rural da comunidade.
Xunto a eles, José González, das adegas Casal de Armán, puxo como exemplo o sector vitivinícola para primar a calidade e a singularidade dos produtos. "Hai que marcar tendencia", chamou a atención.
Escribe tu comentario