#Claves de la semana

​Montse Prado: "Os nosos límites non os vai establecer En Marea"

A deputada do BNG di non querer "que os grupos parlamentarios sexan coñecidos" por disputas coma a dos despachos.


|

Montseprado


A deputada do BNG Montse Prado insistitu este martes en que a súa formación "non se equivoca de inimigo", en referencia á polémica pola ubicación do grupo parlamentario de En Marea nos despachos do Pazo do Hórreo que ata agora viña ocupando o BNG.


Nunha entrevista na Radio Galega, Prado quitoulle ferro á polémica, sobre a que onte a voceira Ana Pontón lamentou que o reparto de espazos se fixese "a costa do agravio para outros". Segundo a deputada, a preocupación do grupo "non son despachos nin recursos para non sei que cousa", e asegurou non querer "que os grupos parlamentarios sexan coñecidos por este tipo de cousas".


"Cun grupo similar ao que temos nesta lexislatura fixemos un traballo moi importante na pasada. Os nosos límites non os vai establecer En Marea", rematou.


A CONTINUIDADE NA XUNTA


Sobre a decisión de Feijóo de manter todos os conselleiros que xa nomeara na última remodelación do executivo, Prado lamentou que "facendo o mesmo, esperar resultados diferentes non parece razoable". Así, reprochou ao presidente que "a súa mentira parece que a está crendo el mesmo".


CONGRESO NACIONAL DO BNG


A deputada situou en torno a "febreiro ou marzo" a data do Congreso Nacional da formación, sobre o que dixo que xa están a traballar. "Estamos en proceso de debate e diálogo coa militancia e a base simpatizante", afirmou.


De cara ao futuro, Prado aposta polo mantemento da fórmula da fronte, que, ao seu xuízo "foi benficiosa no pasado e nestes momentos pode ser tremendamente útil". Considera, deste xeito, que "nun proceso de sumar" coma o que se atopa o BNG, "un partido é moito máis pechado ca unha fronte". Nesta liña, defendeu que no Bloque "fomos sempre capaces de chegar a acordos", aínda que desbotou alianzas "con quen entende as decisións desde Madrid".

relacionada En Marea vai ocupar esta lexislatura o local do BNG no Parlamento
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE