Albentosa: "Non vin aquí para quedar cuarto pola cola"
O central non se resigna a sufrir durante toda a tempada loitando pola permanencia e aspira a que o equipo mellore en ataque.
Raúl Albentosa non dubida das posibilidades do Dépor para deixar de sufrir pola permanencia. O central compareceu este venres antes os medios de comunicación, onde expresou que "eu rebélome, non quero iso. Logo haberá que ver como vai a tempada e igual dis: que queden tres por baixo. Pero a estas alturas, nin de broma, non vin aquí para quedar cuarto pola cola".
O central deportivista cre no traballo de todo o equipo e lamenta a mala fortuna en ataque: "Non é normal que levemos sete goles en once partidos. Cando teñamos eficacia chegarán os puntos. Hai equipos que están a encaixar pero que tamén están a meter e ten máis puntos por iso, pero tampouco vexo que fixesen tanto. Están a ter máis sorte nese aspecto".
Sobre os erros arbitrais, aínda que lles quita ferro, non deixa de lembralos: "Fódeme porque me están quitando puntos, pero non creo que sexa con maldade de quitárnolos a nós. Equivócanse igual que me equivoco eu nun pase e a lío. Logo quéixaste tentando que boten unha ollada máis grande, eu sempre dixen que o que non chora non mama".
Escribe tu comentario