El Corte Inglés recolle penso para mascotas coa fin de axudar a protectoras de animais
A recollida destes alimentos para mascotas levarase a cabo en 84 centros do Corte Inglés, nalgúns Supercor e en 41 establecementos Hipercor, entre eles os de A Coruña, Pontevedra e Vigo.
El Corte Inglés poñerá en marcha este sábado 5 de novembro unha iniciativa de recollida de penso seco e húmido para cans e gatos que son atendidos por un centenar de protectoras de animais. A iniciativa realízase en colaboración e coordinación coa Asociación Nacional para a Defensa dos Animais (ANDA), segundo detalla a compañía.
A recollida destes alimentos para mascotas levará a cabo en 84 centros do Corte Inglés, nalgúns Supercor e en 41 establecementos Hipercor o vindeiro sábado e irá destinada a cubrir necesidades de alimentación dos preto de 50.000 animais, entre cans e gatos, que cada ano son atendidos por ese centenar de protectoras de animais que colaboran nesta operación.
Co obxectivo de colaborar e reforzar esta iniciativa, El Corte Inglés doará máis de 10.000 quilos de alimento para mascotas que irán destinados aos cans e gatos que atenden o centenar de protectoras de animais que participan na operación.
O Corte Inglés coordinará a operativa da doazón que durante esta xornada realicen clientes e empregados, e cuxa recollida será efectuada por voluntarios destas asociacións de animais nos centros do Grupo que participan nesta acción.
Colaboran nesta iniciativa algúns dos centros de El Corte Inglés, Supercor e Hipercor da Coruña, Pontevedra e Vigo.
Escribe tu comentario