Ryanair fala galego
O portal Galicia Alive publica un audio da demo de seguridade da aeroliña en galego nun voo entre Santiago e Barcelona.
O portal Galicia Alive, unha web para galegos no exterior, publica unha información na que relata como un pasaxeiro que voaba coa aeroliña Ryanair o domingo día 23 de outubro, entre a capital galega e Barcelona, escoitou o demo de seguridade para o despegue en galego, e publica o audio en cuestión onde se pode escoitar a un azafato utilizando a nosa lingua para dar as instrucións de cabina aos pasaxeiros.
Esta práctica non é algo habitual posto que as instrucións de cabina adoitan dárse no caso de voos domésticos dentro de territorio español, en español e tamén inglés. Porén, María Seijas, Coordinadora de Air Hostess Santiago, afirma que "xa ten pasado nalgún outro voo de Air Europa e Iberia", aínda que admite que non é "o habitual". Seijas explica que esta práctica é máis común no Nadal ou Noiteboa, cando as galegas e galegos no exterior "voltan ás súas casas" para reecontrarse coas familias.
Escribe tu comentario