Un pai do Celta e un fillo do Dépor protagonizan o spot do derbi galego
O anuncio promove a rivalidade sa no xogo e está patrocinado por ABANCA.
O anuncio da campaña do derbi galego, que se disputará o próximo 23 de outubro, foi presentado esta mañá na sede institucional de ABANCA, patrocinadora do spot, na cidade de Vigo, e contou coa presenza do director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; os adestradores do Celta e do Depor, Eduardo Berizzo e Gaizka Garitano así coma os xogadores do Celta e do Deportivo, Sergio Álvarez e Celso Borges.
Cun marcado carácter sentimental e apelando a situacións cotiás galegas, a peza audiovisual mostra a importancia de gozar do encontro con respecto e deportividade.
#IMPOSIBLESENTI
O anuncio, creado un ano máis por Tex45 Producións, relata a historia de Roque (Roque Blanco) e do seu pai Anxo (Toño Casais) que ten que marchar a traballar ao mar na noite do derbi. Despídense no porto cunha sentida conversación sobre a importancia dalgunhas decisións. Xa á noite falan nunha vídeo-chamada durante o descanso do partido e comentan as xogadas máis polémicas. O anuncio avanza e deixa clara unha evidencia: sen un deles dous e da súa paixón, o derbi só será un partido de fútbol.
Escribe tu comentario