Novo brote de salmonelose en Narón
Parece que os afectados que foron aparecendo desde a semana pasada comeron alimentos en mal estado no mesmo lugar.
Narón vive estes días un novo brote de salmonelose, que fai lembrar o episodio de intoxicacións alimentarias que obrigou a clausurar un bar por mandar a 15 persoas ao hospital en agosto.
Neste caso, parece que a acumulación de casos que están a recibir en atención primaria do que se fan eco distintos medios teñen en común que os afectados puderon ter comido alimentos en mal estado nun mesmo establecemento. Esta circunstancias aínda está por confirmar, baséase no relato dos afectados.
O foco xurdiu a semana pasada e desde entón houbo un goteo de casos, que non tiveron que pasar polo hospital.
ACTUALIZACIÓN 04/10: Tratouse dunha gastroenteríte de orixe vírica que se contaxiou nunha voda, non foi culpa de comida.
Escribe tu comentario