A Deputación da Coruña promocionará produtos gastronómicos galegos en Londres
Será na mostra Galicia Gourmet Extravaganza, que terá lugar en Londres o 3 de outubro.
A área de Turismo da Deputación da Coruña promocionará produtos gastronómicos da provincia na mostra Galician Gourmet Extravaganza, que terá lugar en Londres o 3 de outubro, segundo informa.
Viños, algas, queixos, patacas ou licores serán algúns dos produtos presentes na mesma, nunha iniciativa que busca "contribuír á promoción do turismo de calidade que ten na gastronomía uno dos seus principais alicerces", sinala.
En concreto, doce empresas do sector alimentario levarán os seus produtos a esta mostra, a través da iniciativa promovida pola área de Turismo da institución provincial.
En concreto, precisa que estarán Pazo de Galegos, A Pontesa, Petroni, Portomuiños, Produtos Cárnicos Domínguez, Mar de Ardora, Panificadora Mencer, Dá Terra, Patacas Fritas 'A Casa Vella', Queixería Bama, Queixería Conde e NG Gourmet.
Escribe tu comentario