#Claves de la semana

​Os sanitarios organízanse fronte á "contratación abusiva"

O mércores celebrarán no Hospital Meixoeiro de Vigo unha asemblea sobre as consecuencias das recentes sentenzas europeas.


|

Meixoeiro 4

Hospital Meixoeiro, de Vigo.

O sindicato Sagap de Sanitarios Galegos Públicos convocou para o mércores 28 de setembro unha asemblea de traballadores tras as sentenzas do xulgado número 2 de Vigo e do Tribunal Europeo de Xustiza que confirmaron a "contratación abusiva" de nove afiliados.


A asemblea de traballadores contratados na administración pública terá lugar ás 17,00 horas do día 28 no salón de actos do Hospital Meixoeiro de Vigo coa presenza do avogado laboralista Fabián Valero, especializado no sector público e con varias sentenzas favorables contra a administración, quen explicará as consecuencias e futuro do sector.

Sagap explicou que a recente sentenza recoñece a contratación "en fraude de lei por parte do Sergas de nove" das súas afiliadas "polos seus sucesivos contratos eventuais, obrigándoo a recoñecer o seu carácter de interinas e indefinidas, así como á creación das prazas estruturais que ocupan".

Por iso, Sanitarios Galegos Públicos agradece a estas nove traballadoras "a súa valentía e loita", ás "celadoras de Vigo que abriron o camiño coas súas demandas", ao avogado Fabián Valero "pola súa dedicación, forza e empeño á hora de defendelas", ao Tribunal "por saber aplicar Xustiza" e a "todos os que cada día co seu traballo ou o seu apoio fan posible Sagap".

relacionada Sanitarios Galegos Públicos culpa al Sergas de la "falta de sustitutos" en las listas de contratación de enfermería
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE