#Claves de la semana

​Leiceaga: "Feijóo leva 26 anos subido ao coche oficial"

O candidato socialista non cre as sondaxes: "todo está por decidir". Proclama que o PSdeG "coincide co que queren os galegos".


|

Leiceagamitin


O candidato á Presidencia da Xunta polo PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, pide aos galegos que non se deixen "condicionar" polas enquisas que se van coñecendo e que prognostican unha nova maioría absoluta do PPdeG, porque a súa "pretensión" é "desanimar" e que os progresistas para que non acudan ás urnas.

Ante unhas 200 persoas que se concentraron no paseo do río Sil para escoitar ao socialista, fixo fincapé nesa idea de que "todo está por decidir" independentemente da dirección que sinalan as sondaxes. Como proba diso, evocou o 'sorpasso' de Podemos ao PSOE nas xerais que nunca se produciu.

"Hai que saber preservar a liberdade de elección, ese recuncho ao que os partidos non chegan", profundou, antes de dar por feito que se todas as persoas acoden a votar en consonancia coas súas "conviccións", o PPdeG "perderá as eleccións".

De igual modo, Leiceaga pediu aos seus que fagan "un esforzo" por "convencer" á súa contorna de que vaia a votar, e o fagan apostando polo PSdeG, co obxectivo en mente de "articular un goberno de cambio". "De que hai un proxecto novo no PSdeG no que se pode confiar e que coincide co que queren os galegos", proclamou.

A este respecto, apuntou que o seu plan para Galicia fundaméntase en "non deixar a ninguén atrás" e tampouco a "ningún territorio". Así, baséase no reforzo dos servizos públicos, con máis prazas en educación e sanidade; no apoio das contratacións en empresas para ofrecer saídas aos mozos e en prolongar seis meses a tarifa plana dos autónomos.

"GALICIA VAI A MENOS"


Precisamente o seu obxectivo é combater a "Galicia que vai a menos" herdanza de Feijóo, e cuxas consecuencias se fan notar con máis dureza nas localidades do interior.

Ejemplificado na redución de especialistas do hospital comarcal de Valdeorras, Leiceaga advertiu de que "o camiño que ofrece" o PPdeG é profundar na senda dos recortes, pois a súa primeira pretensión é "cumprir con Montoro".

SIGLAS "MICROSCÓPICAS" DO PP

A continuación, o socialista aludiu á petición do candidato á reelección de "votar sen mirar as siglas" e ironizou con que por iso el púxoas nos seus carteis "só de forma microscópica".

Xa en serio, alertou de que a pretensión de Feijóo é "ocultar que tras el está o PP" e que "leva 26 anos subido ao coche oficial" e que sempre "dependeu" do seu partido para iso.

Tamén busca ocultar, abundou, que "as súas políticas son as da dereita" e que é "igual" que Rajoy e Montoro. "As súas políticas son os recortes", incidiu.


"POLAS SÚAS OBRAS, COÑECERÉDELO"

O primeiro en tomar a palabra no acto foi o alcalde e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, quen presentou a Leiceaga como un candidato "absolutamente solvente, rigoroso, serio e preparado".

"Algúns me dicides que non o coñecedes... Normal! Se empezou o outro día!", manifestou, antes de sinalar aos seus veciños: "Polas súas obras coñecerédelo cando adquira responsabilidades de goberno". Entón entenderemos o que é un presidente da Xunta para todos", remarcou, sen deixar de destacar a súa "capacidade de diálogo".

relacionada ​Leiceaga, a por el voto en 'su' plaza de abastos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE